Fai agora 10 años, o entón adolescente Sokheurm Man regresaba do colexio xunto seu mellor amigo á aldea camboiana na cal habitaba, cando unha bomba antipersoa trocou e sesgou súa vida pra sempre.
Unha década despois, Man, que perdeu unha perna na explosión e viu morrer o seu amigo, é un dos líderes da campaña internacional contra as minas terrestres e viaxa polo mundo tratando de concienciar os Gobernos pra cesaren a producción deste tipo de explosivos que cada ano provocan un estimado de 15.000 novas víctimas.
O prezo de fabricación non chega os 3 Euros namentres desactibalas ten un coste que ronda os 750 Euros, sen contar que nestes intres precisaríamos uns 1000 anos pra atopar e desactivar tódalas bombas que están ubicadas nos 78 paises onde seguén agochadas, dende sudamérica ata Africa, oriente próximo, sudeste asiático ou Ioguslavía, Kosovo e Chechenia.
Gervasio Sánchez, periodista e fotógrafo español, dedica gran parte da súa profesión a fotografíar e relatar os conflictos bélicos que lle tocaron vivir, sen escatimar o tempo que fixera faia quedarse pra ver como evolucinaba a vida dos que sufrían as pesadumes desas guerras. Nestes intres acaba de presentar en Madrid, no Instituto Cervantes, a súa obra "LAS VIDAS MINADAS, 10 AÑOS DESPUÉS", onde refléxase a moitas das persoas que sufriron amputacións polas minas antipersoa, e como evolucionou a súa vida 10 anos despois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario